luns, 15 de xuño de 2026

xoves, 28 de maio de 2026

Bibliopatio

Os voluntarios da BE sacan nun carro con rodas os libros da biblioteca ao patio, para que así os máis pequenos puidesen desfrutar dun tempo de lectura ao aire libre.




domingo, 17 de maio de 2026

Día das Letras Galegas

 Con motivo da celebración das Letras Galegas, os pequenos achegáronse un pouquiño máis á nosa cultura y tradición.




Aprenderon as diferentes pezas do traxe típico galego y algúns pasos dunha muiñeira.

xoves, 30 de abril de 2026

Contacontos

 

Sesión de contacontos en inglés.



Unha experiencia motivadora que reforza a aprendizaxe do idioma e esperta o gusto pola lectura desde idades temperás

xoves, 23 de abril de 2026

Día do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro cunha xornada moi especial chea de actividades como visitas á biblioteca municipal, elaboración de marcapáxinas e gymkanas literarias.







venres, 20 de marzo de 2026

Lectura ao aire libre

Saída dos pequenos do cole cos seus padriños e madriñas lectores para ler un conto ao aire libre.




Unha experiencia sinxela e enriquecedora que crea vínculos entre pequenos e maiores.



venres, 19 de decembro de 2025

Concurso Postais do Nadal

 Xa temos gañadoras do Concurso de Postais do Nadal da Biblioteca.





Parabéns ás gañadoras cuxas postais nos encantaron pola súa creatividade e orixinalidade.