venres, 26 de abril de 2019

Os nosos gañadores do concurso dos comics

Aquí temos os gañadores do I Concurso de Cómic 🏆👏🏻
Foi unha decisión mui difícil xa que estamos abrumados coa enorme participación e a creatividade de tódolos participantes. De parte do Equipo de Biblioteca moitísimas grazas a todos e noraboa ós premiados!!!! 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻




martes, 23 de abril de 2019

Feliz día do libro

Hoxe a nosa biblioteca está de festa xa que é o día internacional do libro. Por iso lle dedicamos este día tan especial ao comic. Se ainda non participaches no noso concurso, estás a tempo. Pásate pola biblioteca, deixa o teu exemplar e disfruta do pracer pola lectura!!


venres, 12 de abril de 2019

Traballando coas maletas viaxeiras

Durante toda esta semana os alumnos de 6º de primaria realizaron actividades de animación e compresión lectora na biblioteca.
Utilizando as maletas viaxeiras puidemos debatir sobre o término de igualdade disfrutando todos xuntos!!!




mércores, 3 de abril de 2019

Visita de Mónica Rodríguez

Os alumnos de 3º, 5º e 6º de primaria e 1º de ESO disfrutaron onte da actividade de animación á lectura coa escritora Mónica Rodríguez. Unha xornada moi divertida na que ademais puideron realizar un montón de preguntas interesantes!!

http://monicarodriguez.es/inicio-2/

luns, 1 de abril de 2019

Chegaron as maletas de primaria

Xa chegou a maleta de igualdade ao noso cole, e os alumnos de 4 EP disfrutamos dela.
Compartimos as nosas ideas sobre a igualdade, limos contos e para rematar fixemos unha fantástica posta en común.
Estamos desexando que chegue a seguinte maleta a nosa biblioteca!