martes, 27 de abril de 2021

Xornal mural

 Esta semana desde o proxecto Prensa - Escola, as nosas alumnas de 1º ESO-A trouxéronnos ao patio un anaco da biblioteca con este xornal mural que renovarán cada mes.





Este mes non vos podedes perder os artigos dedicados á nosa Semana Santa ferrolá e ao noso Cristo.


venres, 23 de abril de 2021

Feliz Día do Libro!

 Hoxe celebramos o Día do Libro desde os máis pequenos ata os máis maiores do cole.








Lembramos a importancia da lectura, compartindo entre compañeiros os nosos libros favoritos, realizando lecturas e actividades porque... lendo lendo, gozo e aprendo.








En algún lugar de un libro hay una frase esperándonos para darle un sentido a la existencia

 Miguel de Cervantes.



luns, 19 de abril de 2021

"CONTANDO UN CONTO DA ANTIGA ROMA"


 A semana pasada recibimos na biblioteca un agasallo dunha alumna de 1º ESO, Martina fixo entrega dun conto sobre a antiga Roma.




Non imos contar nada máis ...se queredes descubrir cousas sobre o seu contido, está a vosa disposición na biblioteca.




MOITAS GRAZAS MARTINA!