xoves, 30 de marzo de 2023

Maleta creativa

 Hoxe despedimos a "Maleta creativa" chea de libros, xogos e moita creatividade.







Concurso "Mellor Xornalista Infantil"

Os nosos alumnos e alumnas de segundo de primaria participarán no concurso "Mellor Xornalista Infantil" dentro do programa "Prensa-Escola" cos seus debuxos.






Os compañeiros de quinto escolleron titulares de noticias para que os más pequenos fixeran os seus debuxos.
Gran traballo!

martes, 28 de marzo de 2023

Entrevista "defensores ambientais"


Os alumnos/as de 5º convertéronse en auténticos xornalistas. Entrevistaron a "defensores ambientais" e redactaron as súas propias noticias sobre todo o aprendido.
A continuación podedes escoitalos:

luns, 27 de marzo de 2023

As familias contan

 Este trimestre recibimos a moitas familias que viñeron a contar un conto aos máis pequenos do cole.




Sen dúbida foi unha experiencia marabillosa e enriquecedora. Moitas grazas ás familias, pasámolo fenomenal!


venres, 10 de marzo de 2023

Contacontos en L.S.E

 A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) visitou o noso cole para contarnos un conto sobre o Camiño de Santiago en formato audiovisual, narrado en Lingua Oral e Lingua de Signos.





Toda primaria aprendeu unha chea de palabras en lingua de signos co fin de contribuír a eliminar as barreiras de comunicación e fomentar a educación en valores e a integración da comunidade xorda.


xoves, 9 de marzo de 2023

Conto ilustrado

 Como sempre, Benxamín non defrauda cos seus contos ilustrados.






Os nenos e nenas gozárono moitísimo. Grazas por vir!

mércores, 8 de marzo de 2023

Entrevista Día da Muller



Con motivo do día da muller, o alumnado de sexto de primaria preparou unha entrevista a dúas mulleres emprendedoras.
Moitas grazas María e Vero por vir á nosa radio, esperamos que gozásedes tanto como nós!

luns, 6 de marzo de 2023

Proxecto antigo Exipto

 Moitas grazas a Carlota, Javi, Pedro, Eugenia e Iago por participar, cunha entrevista, no proxecto de ampliación curricular de Érick sobre o antigo Exipto.


Grazas á radio do noso cole, os proxectos entre o alumnado de diferentes idades queda enriquecido e o aprendizaxe resulta máis significativo.


venres, 3 de marzo de 2023

Radio escolar

 Hoxe foi un día moi especial!

Os nosos alumnos/as recibiron a súa formación de radio e puideron gravar os seus primeiros podcast na nosa radio.







Agora toca compartir o aprendido cos compañeiros/as e...

comeza a aventura!