A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) visitou o noso cole para contarnos un conto sobre o Camiño de Santiago en formato audiovisual, narrado en Lingua Oral e Lingua de Signos.
Toda primaria aprendeu unha chea de palabras en lingua de signos co fin de contribuír a eliminar as barreiras de comunicación e fomentar a educación en valores e a integración da comunidade xorda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario