mércores, 9 de decembro de 2020

MINI T.REX Y EL ABRAZO IMPOSIBLE

 A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita dos nen@s da clase de catro anos, acudiron á Biblioteca para ler un conto coa súa mestra, Lara.



O conto elexido foi " Mini T.Rex y el abrazo imposible" , aínda non o coñeces ?



           Mini T. Rex y el abrazo imposible, Jonathan Stutzman y Jay Fleck 


Pois non sei a que estades esperando, é unha preciosa historia que nos fala da importancia das boas intencións e de de loitar con gañas e ilusión polo que queremos conseguir , ademáis de fomentar valores como a amizade.

Os nenos e nenas de clase de Lara quedaron abraiados coa historia, esperamos contar cunha nova visita pronto. Ademáis Bolita contounos que se portaron fenomenal, demostrando que cumprindo coas medidas necesarias se pode seguir desfrutando da biblioteca.




Lectura recomendada entre 3 e 5 anos.


xoves, 3 de decembro de 2020

ENTREVISTA A TERESA CARAMÉS


Na entrada de hoxe temos unha convidada mol especial, unha compañeira que nas últimas semanas foi noticia pola súa participación no libro "Escuela y familia: Misión imposible" no que se inclúe un proxecto levado a cabo cos alumnos de 3º ESO do nos colexio.


Por suposto xa contamos co libro na nosa biblioteca, pero a continuación imos ler unha entrevista que os alumnos, que agora se atopan en cuarto, fixeron a Teresa.



ENTREVISTA

- ¿En que te inspiraches para facer este proxecto?

- Foi moi curioso, recibín a chamada dunha mestra dun colexio de Oleiros no que eu impartira un curso de formación en proxectos, na que propúxome participar nun proxecto no que a familia estivera incluída na aprendizaxe dos alumnos. 
A partir de ahí ocorréuseme a idea de facer un proxecto no que a familia convertérase nun produto alimenticio, pensando en que todos os días necesitamos a nosa familia e de ahí xurdiu a idea de familia e produto que se consume todos os días, que hai que telo preto do corazón, esa foi a idea na que centrei todo o meu proxecto.

- ¿ Que crees que é fundamental para dar clase?

- Hai tres cousas que son fundamentais; a primeira, os mestres e mestras temos que aprender a ver aos nosos alumnos, entender como funciona o seu cerebro, entender como son de diferentes; o segundo, aprender cada día, formándonos, estudando, lendo e o terceiro e último amar profundamente o noso traballo, querer moito e emocionarnos con el, sen dúbida é o mais importante.

- ¿Inspíraste nalguén á hora de dar clase?

- Por suposto que si, fundamentalmente en todas aquelas persoas das que puiden aprender. Meu pai dicíame que sempre tes que aprender de todas as persoas, pero dos que máis tes que aprender son dos que saben mellor ca ti e dos que fan as cousas mellor. Ao longo da miña vida coñecín profesores que saben  moito máis ca mín e sempre inspírome neles, intentando facer as cousas que fan, para que os meus alumnos teñan o mellor de min.

- Cando decretaron o estado de alarma e viches que non podías levar a cabo o proxecto cos teus alumnos ¿ pensaches que ía saír adiante ou que te perxudicaría?

- O confinamento foi moi triste, non poder estar cos meus alumnos na aula cada día...
Si, pensei que nos perxudicaría porque para mí é moi importante o contacto, que traballedes xuntos, que vos podades axudar. 
Aínda que non o puidemos terminar porque non deu tempo, xa que todo ía máis lento, tanto os alumnos como as familias traballaron moito xuntos,  e ao final fixeron un traballo fantástico.
Sinceramente creo que cando hai ilusión todo o mundo involúcrase e as cousas saen moi ben, pero si é certo que creo que foi moi diferente, se non estivéramos confinados sería moito mellor.


Agradecer a Teresa e aos alumnos de 4º ESO a súa colaboración para que esta entrevista fora posible.
 A continuación deixamos uns enlaces para que vexades as últimas noticias que saíron tanto en prensa como en televisión sobre o proxecto da nosa compañeira Teresa.