mércores, 9 de decembro de 2020

MINI T.REX Y EL ABRAZO IMPOSIBLE

 A semana pasada tivemos a sorte de contar coa visita dos nen@s da clase de catro anos, acudiron á Biblioteca para ler un conto coa súa mestra, Lara.



O conto elexido foi " Mini T.Rex y el abrazo imposible" , aínda non o coñeces ?



           Mini T. Rex y el abrazo imposible, Jonathan Stutzman y Jay Fleck 


Pois non sei a que estades esperando, é unha preciosa historia que nos fala da importancia das boas intencións e de de loitar con gañas e ilusión polo que queremos conseguir , ademáis de fomentar valores como a amizade.

Os nenos e nenas de clase de Lara quedaron abraiados coa historia, esperamos contar cunha nova visita pronto. Ademáis Bolita contounos que se portaron fenomenal, demostrando que cumprindo coas medidas necesarias se pode seguir desfrutando da biblioteca.




Lectura recomendada entre 3 e 5 anos.


xoves, 3 de decembro de 2020

ENTREVISTA A TERESA CARAMÉS


Na entrada de hoxe temos unha convidada mol especial, unha compañeira que nas últimas semanas foi noticia pola súa participación no libro "Escuela y familia: Misión imposible" no que se inclúe un proxecto levado a cabo cos alumnos de 3º ESO do nos colexio.


Por suposto xa contamos co libro na nosa biblioteca, pero a continuación imos ler unha entrevista que os alumnos, que agora se atopan en cuarto, fixeron a Teresa.



ENTREVISTA

- ¿En que te inspiraches para facer este proxecto?

- Foi moi curioso, recibín a chamada dunha mestra dun colexio de Oleiros no que eu impartira un curso de formación en proxectos, na que propúxome participar nun proxecto no que a familia estivera incluída na aprendizaxe dos alumnos. 
A partir de ahí ocorréuseme a idea de facer un proxecto no que a familia convertérase nun produto alimenticio, pensando en que todos os días necesitamos a nosa familia e de ahí xurdiu a idea de familia e produto que se consume todos os días, que hai que telo preto do corazón, esa foi a idea na que centrei todo o meu proxecto.

- ¿ Que crees que é fundamental para dar clase?

- Hai tres cousas que son fundamentais; a primeira, os mestres e mestras temos que aprender a ver aos nosos alumnos, entender como funciona o seu cerebro, entender como son de diferentes; o segundo, aprender cada día, formándonos, estudando, lendo e o terceiro e último amar profundamente o noso traballo, querer moito e emocionarnos con el, sen dúbida é o mais importante.

- ¿Inspíraste nalguén á hora de dar clase?

- Por suposto que si, fundamentalmente en todas aquelas persoas das que puiden aprender. Meu pai dicíame que sempre tes que aprender de todas as persoas, pero dos que máis tes que aprender son dos que saben mellor ca ti e dos que fan as cousas mellor. Ao longo da miña vida coñecín profesores que saben  moito máis ca mín e sempre inspírome neles, intentando facer as cousas que fan, para que os meus alumnos teñan o mellor de min.

- Cando decretaron o estado de alarma e viches que non podías levar a cabo o proxecto cos teus alumnos ¿ pensaches que ía saír adiante ou que te perxudicaría?

- O confinamento foi moi triste, non poder estar cos meus alumnos na aula cada día...
Si, pensei que nos perxudicaría porque para mí é moi importante o contacto, que traballedes xuntos, que vos podades axudar. 
Aínda que non o puidemos terminar porque non deu tempo, xa que todo ía máis lento, tanto os alumnos como as familias traballaron moito xuntos,  e ao final fixeron un traballo fantástico.
Sinceramente creo que cando hai ilusión todo o mundo involúcrase e as cousas saen moi ben, pero si é certo que creo que foi moi diferente, se non estivéramos confinados sería moito mellor.


Agradecer a Teresa e aos alumnos de 4º ESO a súa colaboración para que esta entrevista fora posible.
 A continuación deixamos uns enlaces para que vexades as últimas noticias que saíron tanto en prensa como en televisión sobre o proxecto da nosa compañeira Teresa.




xoves, 5 de novembro de 2020


QUEN DIXO QUE NON PODÍAMOS VIAXAR?

Esta semana a nosa proposta é facer unha viaxe....si si estades lendo ben, hai moitas maneiras de viaxar e a lectura é unha delas, permítenos facelo sen saír da casa e despregando a nosa imaxinación.



Guías geoPlaneta
Nueva York
Roma
Londres
París



Así e Santiago  Fermín Solís
Así é Pontevedra Fermín Solís



Coñeceredes sobre a súa gastronomía, música, arte, arquitectura e numerosas cuirosidades!







BOA VIAXE!







martes, 27 de outubro de 2020

SUXERENCIAS TERRORÍFICAS


Achégase o Samaín e que mellor que celebralo cunha lectura terrorífica....a continuación tedes algunhas suxerencias....adaptadas para todas as idades!

Os máis pequenos teñen un pequeno agasallo....unha das suxerencias na súa versión video conto.





PARA OS MAIS PEQUENOS


¡Los mounstros también se lavan los dientes!
El cuervo negro
Corre corre cabaciña



LECTORES AUTÓNOMOS


Fantasmas de día
Bárbara contra el Doctor Colmillos
Brujas a medianoche
El pequeño vampiro y el enigma de ataúd
O misterio dos fillos de Lúa




LECTORES EXPERTOS E XUVENIL



Cuentos de vampiros
Cuentos españoles de terror
¿Descanse en paz?





xoves, 23 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2020

E por fin chegou o día... a data na que os libros se converten en protagonistas cunha pequena historia que nos fai voar ata mundos incribles!! e como di Miguel de Cervantes "En algún lugar de un libro hay una frase esperándonos para darle sentido a la existencia" 

Dende a Biblioteca queremos agradecer con este vídeo a todos aqueles/as grandes lectores/as que compartiron  as usas lecturas favoritas con todos nós estes días. 

                       ¡DESEXÁMOSVOS UN FELIZ DÍA DO LIBRO!




luns, 20 de abril de 2020

Celebrando o día mundial do libro dende casa

Como sabedes, o Xoves 23 de Abril celébrase o día mundial do libro e para festexar este día, BOLITA a nosa mascota da biblioteca, ocorréuselle unha idea fantástica. 




Vista previa de imagen




Vista previa de imagen



 Vista previa de imagen








venres, 6 de marzo de 2020

Celebración do día da muller na biblioteca

Para conmemorar o día da muller, decoramos a biblioteca con lapbooks sobre Hipatia de Alexandria feitos polos alumnos de 1° de ESO, así como tamén a decoramos con debuxos dos participantes no concurso do "8 de Marzo". Por último presentamos uns exemplares de lectura recomendada sobre as mulleres.
La imagen puede contener: texto
No hay ninguna descripción de la foto disponible.
La imagen puede contener: una o varias personas
La imagen puede contener: 2 personas

martes, 4 de febreiro de 2020

Maletas viaxeiras 3º

Os alumnos de 3 de Primaria abrimos as maletas viaxeiras e atopámonos cun libro que nos achegou aos dereitos fundamentais que temos como nenos que somos. Fixemos unha lectura compartida e quedounos clara unha cousa: temos dereito a crecer sentíndonos queridos por todo o que nos rodea especialmente polos nosos pais e o colexio onde tanto tempo pasamos. Canto aprendemos co libro “Ti tamén, Inés!”.
La imagen puede contener: 7 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: 6 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: 7 personas, personas sentadas e interiorLa imagen puede contener: 5 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: 4 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadasLa imagen puede contener: 3 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: 5 personas, personas sentadasNo hay ninguna descripción de la foto disponible.La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadasNo hay ninguna descripción de la foto disponible.La imagen puede contener: 6 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: 15 personasLa imagen puede contener: una persona, sentadaLa imagen puede contener: 3 personas, personas sentadasLa imagen puede contener: 7 personas, personas sentadas

luns, 3 de febreiro de 2020

Cartel día da muller.

Dende a Biblioteca queremos celebrar o día da muller e farémolo lanzando un concurso de carteis.
Esperamos a vosa participación!
La imagen puede contener: texto

Maletas viaxeiras 4º

A semana pasada os alumnos de cuarto de primaria baixaron á Biblioteca para utilizar as maletas viaxeiras, fixeron unha lectura compartida.O libro escollido foi “ Quen me quere adoptar? “ de Fina Casalderrey.No hay ninguna descripción de la foto disponible.La imagen puede contener: 10 personas, personas sentadas e interiorLa imagen puede contener: una persona, interiorLa imagen puede contener: 4 personas, personas sentadas e interior

luns, 27 de xaneiro de 2020

Reto superado!

Parece ser que un duende entrou na biblioteca para destruir todos os contos porque odia que os nenos disfruten e aprendan.
A misión dos nenos do club de lectura foi adiviñar o nome deste astuto duende e pronuncialo tres veces para evitar que desaparezan os libros.
Noraboa a todos os participantes por adiviñalo! O nome era...Rampelstinskin.
Mentres o outro grupo de piratas intentaban abordar o galeón Unicornio.