venres, 28 de abril de 2023
"Pratos de poesía"
Gañadores concurso "Bookface"
Hoxe entregamos os premios aos gañadores do concurso "Bookface".
domingo, 23 de abril de 2023
Día do libro
venres, 14 de abril de 2023
Concurso "Bookface"
Este ano queremos celebrar o día do libro dunha maneira diferente...
Animámosvos a participar no noso concurso "Bookface".
xoves, 30 de marzo de 2023
Concurso "Mellor Xornalista Infantil"
Os nosos alumnos e alumnas de segundo de primaria participarán no concurso "Mellor Xornalista Infantil" dentro do programa "Prensa-Escola" cos seus debuxos.
martes, 28 de marzo de 2023
Entrevista "defensores ambientais"
luns, 27 de marzo de 2023
As familias contan
Este trimestre recibimos a moitas familias que viñeron a contar un conto aos máis pequenos do cole.
venres, 10 de marzo de 2023
Contacontos en L.S.E
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) visitou o noso cole para contarnos un conto sobre o Camiño de Santiago en formato audiovisual, narrado en Lingua Oral e Lingua de Signos.
Toda primaria aprendeu unha chea de palabras en lingua de signos co fin de contribuír a eliminar as barreiras de comunicación e fomentar a educación en valores e a integración da comunidade xorda.
xoves, 9 de marzo de 2023
Conto ilustrado
Como sempre, Benxamín non defrauda cos seus contos ilustrados.
mércores, 8 de marzo de 2023
Entrevista Día da Muller
luns, 6 de marzo de 2023
Proxecto antigo Exipto
Moitas grazas a Carlota, Javi, Pedro, Eugenia e Iago por participar, cunha entrevista, no proxecto de ampliación curricular de Érick sobre o antigo Exipto.
venres, 3 de marzo de 2023
Radio escolar
Hoxe foi un día moi especial!
Os nosos alumnos/as recibiron a súa formación de radio e puideron gravar os seus primeiros podcast na nosa radio.
luns, 13 de febreiro de 2023
Día mundial da radio
Coincidindo co día mundial da radio, hoxe o claustro empezou a formación dun dos nosos proxectos máis ilusionantes.