Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de abril de 2023

venres, 14 de abril de 2023

Concurso "Bookface"

Este ano queremos celebrar o día do libro dunha maneira diferente...

Animámosvos a participar no noso concurso "Bookface".




Anímate a participar!

xoves, 30 de marzo de 2023

Maleta creativa

 Hoxe despedimos a "Maleta creativa" chea de libros, xogos e moita creatividade.







Concurso "Mellor Xornalista Infantil"

Os nosos alumnos e alumnas de segundo de primaria participarán no concurso "Mellor Xornalista Infantil" dentro do programa "Prensa-Escola" cos seus debuxos.






Os compañeiros de quinto escolleron titulares de noticias para que os más pequenos fixeran os seus debuxos.
Gran traballo!

luns, 27 de marzo de 2023

As familias contan

 Este trimestre recibimos a moitas familias que viñeron a contar un conto aos máis pequenos do cole.




Sen dúbida foi unha experiencia marabillosa e enriquecedora. Moitas grazas ás familias, pasámolo fenomenal!


venres, 10 de marzo de 2023

Contacontos en L.S.E

 A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) visitou o noso cole para contarnos un conto sobre o Camiño de Santiago en formato audiovisual, narrado en Lingua Oral e Lingua de Signos.





Toda primaria aprendeu unha chea de palabras en lingua de signos co fin de contribuír a eliminar as barreiras de comunicación e fomentar a educación en valores e a integración da comunidade xorda.


xoves, 9 de marzo de 2023

Conto ilustrado

 Como sempre, Benxamín non defrauda cos seus contos ilustrados.






Os nenos e nenas gozárono moitísimo. Grazas por vir!

venres, 3 de febreiro de 2023

martes, 20 de decembro de 2022

Visita Miguel Anxo Romero

 Os alumnos/as de 4º de primaria tiveron unha visita moi especial.

O escritor Miguel Anxo Romero presentounos o seus libros "Unha ollada a Viladoce" e "Voces do tempo".






Moitas grazas pola visita!



xoves, 15 de decembro de 2022

Contacontos de Nadal

Hoxe os nenos e nenas de infantil tiveron a sorte de gozar dun contacontos de nadal na Central Librera.




Os máis pequenos gozaron moito desta experiencia. Con moitas ganas de repetir!


mércores, 7 de decembro de 2022

Maleta viaxeira

 Despedímonos da maleta de inclusión, da que puidemos desfrutar neste último mes.






Chea de aventuras e historias interesantes das que aprender.



Ata á próxima!





luns, 28 de novembro de 2022

Semana da ciencia

 

Os alumnos de 5 anos e 1º de primaria tamén desfrutaron dos seus experimentos na Semana da Ciencia na biblioteca.


Aprenderon sobre o calentamento global, fixeron un arco da vella e divertíronse moito cos seus monstros espumosos.

Serán grandes científicos!

venres, 25 de novembro de 2022

Semana da ciencia

 


Seguimos coa semana da ciencia na biblioteca e os nosos alumnos de 2º de primaria preséntannos os seus experimentos.


xoves, 24 de novembro de 2022

Semana da ciencia


Seguimos coa Semana da Ciencia na biblioteca.
Hoxe foi a quenda dos máis pequenos do cole.


Sorprendéronnos con dous experimentos alucinantes, un volcán entrando en erupción e uns debuxos flotantes en auga.

Pasárono xenial!

mércores, 23 de novembro de 2022

Semana da ciencia

 Comezamos a semana da ciencia na biblioteca.



Realizando traballos cooperativos do corpo humano así como plantando pirixel e pementos.








venres, 28 de outubro de 2022

Día das bibliotecas

 O día 24 de outubro, día das Bibliotecas, tivemos unha visita moi especial. 

O mismísimo Jorge Juan, o sabio español, veu á nosa biblioteca a presentar aos nenos de 3º de primaria o seu libro autobiográfico.










luns, 24 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas

 

Comezamos a semana celebrando o Día das Bibliotecas.

Os máis pequenos do cole gozaron dunha xornada de contacontos e actividades preparadas polos maiores.






O can de Milú, De que cor é un bico? ou Monstruo rosa foron algúns deles.

Tanto os maiores como os pequenos están a desexar repetir!



luns, 26 de setembro de 2022

Voluntarios da BE

 

Este ano contaremos na nosa biblioteca cuns axudantes moi especiais.

Os voluntarios da BE formado por alumnos de 5º e 6º de primaria que afincarán parte dos seus recreos a colaborar covas tarefas da biblio.







Firmaron un contrato no que se comprometen a traballar duro durante todo o ano, colaborando coa catalogación de libros, facer préstamos, elaboración de carteis nas datas conmemorativas.....






Será un gran ano!