Os alumnos de 3 de Primaria abrimos as maletas viaxeiras e atopámonos cun libro que nos achegou aos dereitos fundamentais que temos como nenos que somos. Fixemos unha lectura compartida e quedounos clara unha cousa: temos dereito a crecer sentíndonos queridos por todo o que nos rodea especialmente polos nosos pais e o colexio onde tanto tempo pasamos. Canto aprendemos co libro “Ti tamén, Inés!”.
A semana pasada os alumnos de cuarto de primaria baixaron á Biblioteca para utilizar as maletas viaxeiras, fixeron unha lectura compartida.O libro escollido foi “ Quen me quere adoptar? “ de Fina Casalderrey.