Polo Samaín, nosas profes vestíronse para contarnos o conto de "A Castañeira" e despois fixemos un taller de elaboración de caracois na biblioteca. Para iso utilizamos plastilina e unha castaña como cuncha.
xoves, 31 de outubro de 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
Día das Bibliotecas
Celebramos o Día das Bibliotecas con moita creatividade!
Os pequenos de Educación Infantil deron renda solta á súa imaxinación coloreando un conto e recreando a historia de "Corre corre, cabaciña", que despois lles contamos na nosa biblioteca.
Pola súa parte, os alumnos/as de Primaria recomendaron os seus libros favoritos e deseñaron as súas propias portadas, que agora decoran os corredores do colexio.
xoves, 3 de outubro de 2024
Préstamo infantil
Hoxe foi un día emocionante no cole!
Os peques de infantil visitaron a biblioteca para elixir o seu conto favorito e levar o seu tesouro literario a casa durante unha semana.
Esperamos que vos guste moito!
venres, 23 de febreiro de 2024
Día de Rosalía De Castro
Con motivo do día de Rosalia De Castro os alumnos de 6º
documentáronse sobre a súa vida e obra e o resultado foi este especial na radio
adicado á poeta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)