xoves, 19 de xuño de 2025

Xincana

 Como broche final a este camiño compartido, os padriños e madriñas lectores sorprenderon aos seus afillados cunha divertida xincana polo cole.





martes, 10 de xuño de 2025

María Bimbolles

 

Hoxe tivemos o pracer de recibir a María Bimbolles, que nos fixo soñar co seu contaconto "O monstro das cores", axudándonos a entender e expresar as nosas emocións dunha forma divertida e moi especial.


Moitas grazas María por regalarnos esta mañá tan bonita e chea de emocións!

martes, 20 de maio de 2025

O universo

Como produto final do universo, os nenos e nenas de 5 anos foron á radio, onde compartiron todo o que aprenderon sobre os planetas, estrelas, galaxias e outros misterios do espazo.




sábado, 17 de maio de 2025

Día das Letras Galegas

Hoxe celebramos a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.

Este ano a Real Academia Galega rende homenaxe ás Cantareiras e á poesía popular oral, representadas por mulleres valentes como Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema,

Elas foron as gardiás da nosa memoria colectiva, transmitindo cantigas e saberes de xeración en xeración, facendo que a nosa lingua siga viva nos eidos, nas festas, nos camiños... e nos corazóns.




Feliz Día das Letras Galegas para todos e todas!

luns, 12 de maio de 2025

Taller bolígrados 3D

 

Hoxe participamos nun taller con bolígrafos 3D.




Os nenos/as experimentaron con esta ferramenta tecnolóxica, repasando números e con eles construíron as súas propias lentes!

mércores, 23 de abril de 2025

Día do Libro

 Celebramos o día do libro dunha forma moi especial!

Saímos a encher os parques da nosa cidade de contos e risas.




Compartindo a maxia da lectura grazas ao apadriñamento lector.

Cada parella gozou dun conto e un intre xuntos, creando lazos entre etapas e fomentado o amor polos libros.



Ler une, inspira e transforma.

xoves, 3 de abril de 2025

Maxia na primavera

O fada da primavera veu a visitarnos coa súa maxia.



Fixo que unha planta crecese nun dicir amén, transformou sementes en hortalizas e regaloulles unha varita máxica para cada un.



Así comeza o proxecto do horto de infantil!

venres, 14 de marzo de 2025

Mulleres rurais


O alumnado de 4ºEP viviu unha gran experiencia co talle da ovella á roupa coa "Asociación de mulleres de Cabanas rural".


Descubriron o proceso tradicional da la, desde o esquilado da ovella ata convertela en roupa, seguindo técnicas de toda a vida. Unha viaxe no tempo para entender como se traballaba antes e como estes métodos seguen tendo valor hoxe.

Aprender así é toda unha experiencia! Grazas!



xoves, 13 de marzo de 2025

Animais en perigo

Os nenos e nenas de 4 anos presentaron os seus traballos do proxecto animais en perigo de extinción.



Cada un investigou sobre un animal diferente e asi aprenderon moitas cousas novas sobre eles e tamén a importancia de protexer a todos os seres vivos do planeta.

martes, 11 de febreiro de 2025

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Grazas ao Concello de Ferrol, a través da Concellería de Igualdade e Muller, puidemos gozar dunha actividade moi especial para o noso alumnado de Infantil e Primaria.

Unha sesión de contacontos con Paula, de Trémola Teatro e o conto titulado "Directas ao espacio".



O obxectivo desta iniciativa é romper cos estereotipos de xénero na ciencia e na tecnoloxía e poñer en valor ás científicas ferrolás.




Encantounos formar parte desta experiencia!

luns, 3 de febreiro de 2025

Apadriñamento lector

Este curso levamos a cabo o apadriñamento lector. Unha actividade moi enriquecedora onde os maiores apadriñan aos máis pequenos para compartir momentos especiais de lectura.




Con iso fomentamos non só o gusto pola lectura, senón tamén afianzar lazos entre diferentes etapas, valores como a responsabilidade e paciencia, gozar da compañía, dar exemplo e sentirse acompañados no seu camiño lector.