xoves, 24 de xaneiro de 2019

Un artista entre nos

O alumno de 2º de Secundaria MARTÍN HOYOS TRABA resultou gañador do 1º premio da Categoría B, 1º ciclo de E.S.O., do V Certame Literario Carmela Loureiro co seu relato "Escamas"
PARABENS!!!!! 👏👏👏

mércores, 23 de xaneiro de 2019

luns, 17 de decembro de 2018

Reflexión na biblioteca sobre a igualdade de xénero

O obxectivo desta actividade é sensibilizar aos adolescentes sobre a necesidade de crear formas máis equitativas entre homes e mulleres. Empregouse unha metodoloxía de letura e reflexión partir da análise de diferentes relatos das obras que conteñen "as maletas viaxeiras".Estes son algúns exemplos:














mércores, 5 de decembro de 2018

Maletas viaxeiras

Xa chegaron ao noso colexio as maletas viaxeiras de igualdade e inclusión....
Pásate pola biblioteca para aproveitar os libros. Estarán disponibles ata o 20 de xaneiro!

mércores, 31 de outubro de 2018

Samaín na biblioteca

Moitas gracias a todos os nenos (e ós seus pais 😉) polo impresionante e enorme traballo feito!
As cabazas quedaron de dez!
O Samain na biblioteca:

xoves, 25 de outubro de 2018

Samaín na biblioteca

Xa ven o Samaín e, na biblioteca, queremos participar deste día facendo unha exposición de cabazas decoradas como o teu personaxe literario favorito.

Trae a túa!

Xa temos nome!

A nosa querida mascota está de noraboa, al fin xa ten nome.
Despois dunha gran xornada de votación para elixir o seu nome, coa participación de 264 alumnos
o nome mais votado foi:

BOLITA