mércores, 3 de abril de 2019

Visita de Mónica Rodríguez

Os alumnos de 3º, 5º e 6º de primaria e 1º de ESO disfrutaron onte da actividade de animación á lectura coa escritora Mónica Rodríguez. Unha xornada moi divertida na que ademais puideron realizar un montón de preguntas interesantes!!

http://monicarodriguez.es/inicio-2/

luns, 1 de abril de 2019

Chegaron as maletas de primaria

Xa chegou a maleta de igualdade ao noso cole, e os alumnos de 4 EP disfrutamos dela.
Compartimos as nosas ideas sobre a igualdade, limos contos e para rematar fixemos unha fantástica posta en común.
Estamos desexando que chegue a seguinte maleta a nosa biblioteca!





mércores, 27 de febreiro de 2019

Exposición na biblioteca

Os alumnos de 4 da ESO participaron nun concurso de poesía e imaxe. Podédes ver a su exposición na nosa biblioteca durante todo o vindeiro mes de marzo. Animádevos!!


xoves, 21 de febreiro de 2019

Xogos na biblioteca

E seguimos coas novidades na nosa biblioteca. Esta vez tócalle o turno á parte lúdica da mesma, os xogos de mesa, nos que utilizamos materiais reciclados como tapóns de plástico para fichas de taboleiro. Ven a descubrilos!

xoves, 24 de xaneiro de 2019

Un artista entre nos

O alumno de 2º de Secundaria MARTÍN HOYOS TRABA resultou gañador do 1º premio da Categoría B, 1º ciclo de E.S.O., do V Certame Literario Carmela Loureiro co seu relato "Escamas"
PARABENS!!!!! 👏👏👏

mércores, 23 de xaneiro de 2019