Hoxe último día do club de lectura de Harry Potter. Recordos, Quidditch e agasallos. Que gran saga! Que nos deparará o futuro? Grazas a todolos lectores 🧹
Os alumnos de 4 e 5 anos visitaron a Biblioteca Municipal da plaza de España, onde aprenderon o seu funcionamento, participaron nun contacontos e poideron pasar un rato disfrutando cos libros. Encantanos ver como pormocionase a lectura!
Aquí temos os gañadores do I Concurso de Cómic 🏆👏🏻 Foi unha decisión mui difícil xa que estamos abrumados coa enorme participación e a creatividade de tódolos participantes. De parte do Equipo de Biblioteca moitísimas grazas a todos e noraboa ós premiados!!!! 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻
Hoxe a nosa biblioteca está de festa xa que é o día internacional do libro. Por iso lle dedicamos este día tan especial ao comic. Se ainda non participaches no noso concurso, estás a tempo. Pásate pola biblioteca, deixa o teu exemplar e disfruta do pracer pola lectura!!
Durante toda esta semana os alumnos de 6º de primaria realizaron actividades de animación e compresión lectora na biblioteca. Utilizando as maletas viaxeiras puidemos debatir sobre o término de igualdade disfrutando todos xuntos!!!