venres, 14 de marzo de 2025

Mulleres rurais


O alumnado de 4ºEP viviu unha gran experiencia co talle da ovella á roupa coa "Asociación de mulleres de Cabanas rural".


Descubriron o proceso tradicional da la, desde o esquilado da ovella ata convertela en roupa, seguindo técnicas de toda a vida. Unha viaxe no tempo para entender como se traballaba antes e como estes métodos seguen tendo valor hoxe.

Aprender así é toda unha experiencia! Grazas!



xoves, 13 de marzo de 2025

Animais en perigo

Os nenos e nenas de 4 anos presentaron os seus traballos do proxecto animais en perigo de extinción.



Cada un investigou sobre un animal diferente e asi aprenderon moitas cousas novas sobre eles e tamén a importancia de protexer a todos os seres vivos do planeta.

martes, 11 de febreiro de 2025

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Grazas ao Concello de Ferrol, a través da Concellería de Igualdade e Muller, puidemos gozar dunha actividade moi especial para o noso alumnado de Infantil e Primaria.

Unha sesión de contacontos con Paula, de Trémola Teatro e o conto titulado "Directas ao espacio".



O obxectivo desta iniciativa é romper cos estereotipos de xénero na ciencia e na tecnoloxía e poñer en valor ás científicas ferrolás.




Encantounos formar parte desta experiencia!

luns, 3 de febreiro de 2025

Apadriñamento lector

Este curso levamos a cabo o apadriñamento lector. Unha actividade moi enriquecedora onde os maiores apadriñan aos máis pequenos para compartir momentos especiais de lectura.




Con iso fomentamos non só o gusto pola lectura, senón tamén afianzar lazos entre diferentes etapas, valores como a responsabilidade e paciencia, gozar da compañía, dar exemplo e sentirse acompañados no seu camiño lector.




xoves, 31 de outubro de 2024

Conto da Castañeira


Polo Samaín, nosas profes vestíronse para contarnos o conto de "A Castañeira" e despois fixemos un taller de elaboración de caracois na biblioteca. Para iso utilizamos plastilina e unha castaña como cuncha.






xoves, 24 de outubro de 2024

Día das Bibliotecas

 Celebramos o Día das Bibliotecas con moita creatividade!


Os pequenos de Educación Infantil deron renda solta á súa imaxinación coloreando un conto e recreando a historia de "Corre corre, cabaciña", que despois lles contamos na nosa biblioteca.


Pola súa parte, os alumnos/as de Primaria recomendaron os seus libros favoritos e deseñaron as súas propias portadas, que agora decoran os corredores do colexio.





xoves, 3 de outubro de 2024

Préstamo infantil


Hoxe foi un día emocionante no cole!



Os peques de infantil visitaron a biblioteca para elixir o seu conto favorito e levar o seu tesouro literario a casa durante unha semana.



Esperamos que vos guste moito!