Celebramos o día do libro dunha forma moi especial!
mércores, 23 de abril de 2025
Día do Libro
xoves, 3 de abril de 2025
Maxia na primavera
O fada da primavera veu a visitarnos coa súa maxia.
Fixo que unha planta crecese nun dicir amén, transformou
sementes en hortalizas e regaloulles unha varita máxica para cada un.
Así comeza o proxecto do horto de infantil!
venres, 14 de marzo de 2025
Mulleres rurais
O alumnado de 4ºEP viviu unha gran experiencia co talle da
ovella á roupa coa "Asociación de mulleres de Cabanas rural".
Descubriron o proceso tradicional da la, desde o esquilado
da ovella ata convertela en roupa, seguindo técnicas de toda a vida. Unha viaxe
no tempo para entender como se traballaba antes e como estes métodos seguen
tendo valor hoxe.
Aprender así é toda unha experiencia! Grazas!
xoves, 13 de marzo de 2025
Animais en perigo
Os nenos e nenas de 4 anos presentaron os seus traballos do proxecto animais en perigo de extinción.
martes, 11 de febreiro de 2025
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
luns, 3 de febreiro de 2025
Apadriñamento lector
Este curso levamos a cabo o apadriñamento lector. Unha actividade moi enriquecedora onde os maiores apadriñan aos máis pequenos para compartir momentos especiais de lectura.
xoves, 31 de outubro de 2024
Conto da Castañeira
Polo Samaín, nosas profes vestíronse para contarnos o conto de "A Castañeira" e despois fixemos un taller de elaboración de caracois na biblioteca. Para iso utilizamos plastilina e unha castaña como cuncha.