Hoxe queremos mostrar unha das últimas novidades que chegaron á biblioteca, as mesas de luz.
As mesas de luz ofrecen un marco único de interacción coa luz e os seus efectos. Unha magnífica proposta de experimentación e xogo sensorial, manipulativo e artístico.
A través delas foméntase a experimentación e o xogo nun ambiente relaxado, captando a atención dos nen@s dunha maneira activa.
Os nenos e nenas de Infantil están encantados con elas e nós de que sigan desfrutando delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario