mércores, 23 de febreiro de 2022

Día de Rosalía de Castro


Hoxe, 23 de Febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro con diferentes actividades e recitando poemas no "Recuncho de Rosalía" da biblioteca escolar.

















 

23 de Febreiro. Día de Rosalía de Castro

 Os nosos alumnos/as recitan versos da poetisa no Recuncho de Rosalía De Castro na Biblioteca escolar para festexar o seu día!




martes, 8 de febreiro de 2022

martes, 21 de decembro de 2021

Conto de Nadal

Antes de irnos de vacacións, os nenos de 5 anos puideron gozar dunha visita á biblioteca onde a súa mestra contoulles un conto. Coincidindo con estas datas, o elixido foi "Conto de Nadal".






De esta maneira despedimos o ano, vémonos á volta na nosa biblio!

xoves, 11 de novembro de 2021

 

O Concello de Ferrol, ao enterarse de que no colexio estábamos a traballar co "PROXECTO ILUSTRADO", agasallounos cuns exemplares do libro que conta a historia do ilustre Jorge Juan.





GRAZAS!

venres, 29 de outubro de 2021

Samaín na biblioteca

 Os nenos de 3 anos visitaron a biblioteca coa súa mestra Cris, para ler un conto de Samaín.




O conto escollido foi "Corre corre, cabaciña"


*Lectura recomendada entre 3 e 7 anos.


Aos pequenos encantoulles a historia e están a desexar volver!



domingo, 24 de outubro de 2021

Día das Bibliotecas



Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o día das Bibliotecas!






Para conmemorar este día, os nosos alumnos, desde os máis pequenos ata os maiores, estiveron un intre na biblioteca do cole.



Onde recolleron o material necesario para poder elaborar estes bonitos marca páxinas!


"Bibliotecas: leer, aprender, descubrir"