O Concello de Ferrol, ao enterarse de que no colexio estábamos a traballar co "PROXECTO ILUSTRADO", agasallounos cuns exemplares do libro que conta a historia do ilustre Jorge Juan.
GRAZAS!
Os nenos de 3 anos visitaron a biblioteca coa súa mestra Cris, para ler un conto de Samaín.
O pasado día 11 tivemos a sorte de acudir á presentación do libro de José Pardo "A buxaina de Ucha".
Os nenos e nenas da clase de Sandra fixeron unha visita á biblioteca e gozaron do conto “Os tres porquiños” dunha maneira distinta, a través da caixa de luz.