Hoxe despedimos a "Maleta creativa" chea de libros, xogos e moita creatividade.
xoves, 30 de marzo de 2023
Concurso "Mellor Xornalista Infantil"
Os nosos alumnos e alumnas de segundo de primaria participarán no concurso "Mellor Xornalista Infantil" dentro do programa "Prensa-Escola" cos seus debuxos.
martes, 28 de marzo de 2023
Entrevista "defensores ambientais"
luns, 27 de marzo de 2023
As familias contan
Este trimestre recibimos a moitas familias que viñeron a contar un conto aos máis pequenos do cole.
venres, 10 de marzo de 2023
Contacontos en L.S.E
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) visitou o noso cole para contarnos un conto sobre o Camiño de Santiago en formato audiovisual, narrado en Lingua Oral e Lingua de Signos.
Toda primaria aprendeu unha chea de palabras en lingua de signos co fin de contribuír a eliminar as barreiras de comunicación e fomentar a educación en valores e a integración da comunidade xorda.
xoves, 9 de marzo de 2023
Conto ilustrado
Como sempre, Benxamín non defrauda cos seus contos ilustrados.
mércores, 8 de marzo de 2023
Entrevista Día da Muller
luns, 6 de marzo de 2023
Proxecto antigo Exipto
Moitas grazas a Carlota, Javi, Pedro, Eugenia e Iago por participar, cunha entrevista, no proxecto de ampliación curricular de Érick sobre o antigo Exipto.
venres, 3 de marzo de 2023
Radio escolar
Hoxe foi un día moi especial!
Os nosos alumnos/as recibiron a súa formación de radio e puideron gravar os seus primeiros podcast na nosa radio.